Não sei quer comentar(ou esclarecer melhor o actual ponto de vista espanhol )
Cumprimentos
E que, JoseM, non hai "punto de vista español". O PdA vai pasar pronto unha actualización de media vida para que dure un par de décadas máis, polo que o tema portaavións está relegado en España ás expectativas que cumpra o novo LHD. Se éste cumpre co séu traballo, e sae á luz o F-35B, é probable que o sustituto do PdA poida ser outro LHD máis enfocado á area aérea, como o Cavour.
Se o F35B non sae á luz ou non cumpre os requisitos necesarios, haberá que pensar, en función da política externa e de defensa española da próxima década, na construcción dun porta pequeno ó redor do F35C ou na renuncia á ala fixa da Armada...
De tódolos xeitos, nesas circunstancias atopo máis serio unha Joint-Venture cos italianos, cos que temos moitas semellanzas tanto de presupostos, industrias, intereses internacionais ou de zona de responsabilidade na OTAN, que cos franceses ou ingleses, con presupostos moi grandes, industrias cun desenrolo distinto e intereses máis dispersos e ás veces contrarios ós nosos dentro da comunidade internacional.