Hola Rui: Só uns comentarios ó que dixeches antes:
Mas isto apenas na perspectiva de não dependência,
A dependencia vala ter igual, xa que como os barcos non se ían facer en Portugal (presumo) sempre habería dependencias de repostos e do armamento, xa que hai que notar que as 7 provincias holandesas usan misís americanos e o resto dos novos deseños tamén, excepto os franceses que usarán misís de seu aínda non liberados para a exportación.
Logo dependencia sempre hai. Este asunto de desenrolar radares propios na Europa ben do feito de que os EE.UU non ían liberar o radar SPY para todos eles, e que ademáis naqueles tempos (inicios dos 90) os buques con SPY que había eran todos enormes destructores de 9.000 toneladas, americanos e xaponeses, que moitas das armadas europeas non se podían permitir, ademáis da sempre innegable axuda ó desenrolo tecnolóxico local, que un pais só non se pode permitir pero que compartindo gastos é mais accesible para todos.
En resumo, coma sempre nestes casos xúntanse unha variedade de factores políticos, económicos e industriais. O normal, falando de armamento...
a Espanha, por ter poucos navios, tem que comprar "certezas".
Vexo que entendeu a miña opinión perfectamente. Por outra banda, as Baleares-knox máis vellas andan hoxe polos 35 anos, e exceptuando as De Zeven holandesas, non se prevén novos buques de radar fixo, as franco-italianas, deica un par ou tres anos, e as Type-45 inglesas, con radar propio, o SAMPSON, tardarán deica finais da década. Mentres nós, con sorte, xa teremos as 6 F-100 navegando. Había na Armada unha certa presa polo troco de barcos, e non se puido agardar polo resultado incerto dos deseños europeos.
Cómo di smaerd, a min parécenme aínda poucas para o que teñen que facer, o plan da Armada era ter 15 escoltas, non só para escolta dos buques maiores senón tamén para misións internacionais e manobras, que son permanentes na Armada, sempre hai polo menos unha fragata en manobras.
É dicir, a Armada é medianeta en números, pero escasa para facer frente ás responsabilidades.
Por certo, da venda dalgunha Baleares-knox a México nunca mais se soupo. Viñeron almirantes, se lles deu de comer, se lles ensinaron os barcos, se lles dixo que non se lles ía vender armamento, quedaron contentos e volveron para México...así que non sei si é que non hai presuposto, cambiaron de idea ou que se está a negociar pouco a pouco. Aquí en Ferrol estanse a desarmar 3 das Baleares, pero aínda seguen a frote, esperando clientes. A ver o que pasa ó final...
En fin, un saúdo Rui.