Saúdos de novo:
Dicir que finalmente houbo 5 terroristas mortos, 1 policia dos GEO (Grupos Especiais de Operacións) morto e 14 membros maís feridos ó entrar para deter ós terroristas, un deles fixo explotar un cinto bomba de 10 kilos de Goma-2 que levaba no corpo.
Penso que o Normando acerta plenamente no seu comentario, e quixera aproveitar para comentar algúns detalles que se van sabendo sobre os islamistas suicidas de Leganés:
- Non eran inmigrantes ilegais nin xente ignorante. O seu xefe, alcumado "o tunecino" era un home cunha cultura media, e que según as derradeiras novas, levaba na Espanha legalmente asentado desde o ano 1996, e que empezou a fanatizarse despois do 11-S oíndo as proclamas de Al-Queda difundidas polos medios de comunicación, sobre todo árabes.
- Xa non só perseguen a evacuación do Iraque das tropas españolas. Nun comunicado do Sábado feito desde Exipto, e que está pendente de autentificar, esixen a evacuación tamén de Afganistán antes de fin de mes. En caso contrario, destaríase unha vaga de terror na Espanha.
- Pero o ministerio de Interior español asegura que todos os terroristas do 11-M están ou ben mortos, ou detidos, ou en busca e captura, polo que as accións deste grupo son moi improbables. Existe a posibilidade, eso sí, de que haxa outras celas islámicas durmidas aínda non descubertas.
Referido a Portugal:
- Sabemos, polas novas destas ultimas datas, que se estan detendo grupos terroristas por toida Europa, na Inglaterra, Francia e Alemaña, polo que creo que a disculpa da guerra de Iraq non é válida, hai celas terroristas en toda Europa, non só nos países que apoian a guerra do Iraque.
- Gostan de actuar en lugares con grandes concentracións de xentes e en países que estan sendo atendidos polos medios internacionais (EEUU, Espanha nas eleccións...), cando os seus atentados teñan mais atención informativa. Esto vaise reproducir na Espanha co Forum social de Barcelona, en Grecia coas Olimpiadas e en Portugal coa Eurocopa. Logo é vital que Portugal, os seus dirixentes entendan que Portugal é tamén obxectivo terrorista.
Portugal tamén ten tropas en Iraq, ten lugares publicos ateigados de xente e será foco de atención internacional.
Na España, o exército protexe desde o 11-M lugares como centrais nucleares e emisoras de televisión.
Coido que Portugal, de cara á Eurocopa debe extrema-las medidas de autoprotección e esixir ós países veciños, nomeadamente España e Marrocos, que vixíen o paso cara a Portugal de elementos perigosos e pedir, se é necesario, axuda en caso de necesidade.
Estamos nunha guerra contra os estremismos e debemos ir todos xuntos a combatila.
Que Deus nos protexa a todos.