The United States remained the biggest worldwide spender with 48 percent of the 1.118 trillion dollar (885 billion euros) pie and alone accounted for 80 percent of the 33-billion-dollar increase in global spending, it said in its annual report.
But the Middle East was the region with the highest relative spending increase, mostly due to a massive increase in Saudi Arabia's defence budget.
Europe was the only region with a decrease in military spending, by 1.7 percent, especially because of western European spending cuts.
The biggest falls were recorded in Italy and Britain, SIPRI said.
Worldwide military spending represented 2.5 percent of gross domestic product (GDP) in 2005, or 173 dollars per capita.
In China, spending was 31.20 dollars per capita, and in India, 18.50 dollars.
Military expenditure in Latin America and the Caribbean increased by 7.2 percent in 2005, mostly driven by three big spenders Brazil, Chile and Colombia, who together account for three-quarters of military spending in the region.
Chile's spending was boosted by rising revenues from copper, helping the country's military forces to finance an ongoing modernisation programme.
The pace of the programme means that Chile could by 2010 become the region's first country to possess NATO-standard military forces, SIPRI said.
Chile's increased spending has raised concerns in neighbouring Peru, prompting the creation of an acquisition, modernisation and repair fund for that country's armed forces.
In Venezuela rising government revenues, from oil, have also translated into increased military spending, which saw the region's greatest increase after those of Brazil and Chile.
Despite large procurement deals by Chile and Venezuela "there is little sign of the emergence of competitive arms acquisitions in the region", SIPRI said.
Quixera comentar algúns aspectos destes párrafos:
1º.- EE.UU: Está metido en varias leas, e está reorientando o séu gasto militar ás chamadas "guerras asimétricas". Os programas grandes non deben oculta-la situación de que nos próximos anos, EE.UU vai ter que loitar con novas situacións que quizáis os avances técnicos en material non poidan solucionar. Aumenta o gasto porque por primeira vez está metido en 2 frontes á vez, e dentro de nada pode andar metido en algunha outra. Esto é inédito na historia militar dos EE.UU e require tamén un troco de estratexia.
2º.- ¿Cal é a razón de que en Arabia Saudita medre tanto o séu gasto militar?
3º.- Europa: Non temos hipótesis de conflictos. Eso é bon, naturalmente, e moito máis sabendo que onde vaiamos, imos voluntariamente, por intereses propios ou conviccións políticas, non porque ninguén nolo manda. De ahí sacamos que tamén se reorientan gastos deica a proxección de forzas, que sempre é máis barato que desenrolos militares de combate de primeira liña. Curioso o caso británico...cando máis diñeiro necesitan para mante-las aventuras asiáticas, máis decrece o presuposto de defensa...
4º.- China. Non lles interesa chama-la atención con gastos desorbitados. Medran ós poucos, pero insistentemente. Está nacendo unha potencia en Asia. O mellor do caso é que todos, rusos, franceses, incluso os americanos nalgún campo, alimentan ó xigante co obxectivo dos rendementos económicos a curto prazo...e China busca só o longo prazo.
5º.- Latinoamérica: É unha mágoa que as desconfianzas locais impidan un desenrolo máis rápido das sociedades civís. Increméntase o gasto militar nunha rexión que non ten hipóteses factibles de conflicto, nin ten unha política de proxección de forzas...só se explica pola influencia dos militares que aínda exercen nos gobernos locais...
Caso especial paréceme o de Colombia, que ten unha loita por recupera-la soberanía sobre amplas zonas do país rexidas por narcoguerrillas e paramilitares que disolven a sociedade en asasinatos en corrupcións.
De Chile, pouco podo dicir que non dixera antes. Penso que se comporta como un novo rico. Só así se explica que prefira mercar fóra antes que desenrolar nacional, como no caso de Tridente, ou se conforme con F-16´s americanos sen apenas contrapartidas...
Agradécese que acaden estándares OTAN gracias ó cobre, pero éste tarde ou cedo vai volver a baixar, e como Chile non controla o precio, tal vez logo non poida manter eses estándares OTAN, como non os puido manter Arxentina, que era o país máis próximo á OTAN hai 20 anos...
Se como dí o SIPRI, voltara unha carreira de merca de armas en Latinoamérica, os únicos gañadores serían, de novo, os vendedores estranxeiros, non os mercadores nacionais. Un novo trasvase de diñeiro dos pobres para os ricos...
En fin...saúdos.