Endófoba, eu? Non, meu rei. Eu exprésome na lingua do país, eu non a troquei por outra. Eu non teño ningún problema de identidade. En primeiro lugar son galega e en segundo tamén.
Mal perder? Tampouco, a min pouco se me dá que Touriño se vaia para casa, o mesmo que Quintana. Pertenzo a esta parte da sociedade galega máis desilusionada ao longo destes catro anos. Ademais, tomeimo con humor. Se non che gusta o meu post problema teu. A sátira desde a Idade Media até Celso Emilio tivo moita acollida nas nosas letras. Non hai nada máis galego que a ironía. O único problema é que hai xente que non lle gusta verse retratado:
Respecto pola democracia? Si, fica tranquilo, non estou preparando ningún golpe de estado, mais respectar non significa ter que concordar con todos os discursos políticos e menos o dese españolazo de Feijoo.
Un saúdo e ten bon gañar e non me botes moito en cara a vitoria do PP contra Vieiros, Resistencia Galega e Agal :!: , que, polas túas agudas análises, foron os únicos contrincantes políticos do PP.